Galegos en Venezuela (1950-1980)

Adaptación e choque de percepcións1


Xosé Ramón Campos

Universidade de Vigo



INTRODUCIÓN

A emigración galega a Venezuela é a máis recente das que tiveron como destino o continente americano e iso foi debido a que este país incorporouse tarde –finais da década de 1940– ao grupo de países receptores de inmigración masiva, xa que, o século XiX estivo caracterizado por unha gran inestabilidade política e unha economía de carácter agropecuario. Mais, o descubrimento e a explotación masiva de xacementos petrolíferos desde o segundo decenio do século XX supuxo unha profunda transforma- ción da economía e da sociedade venezolana. o petróleo converteuse na base económica do país e, desde 1926, o valor da produción petroleira superou ao dos produtos agrícolas tradicionais: cacao e café. venezuela pasou de ter unha economía agro-exportadora a ter unha economía mineiro-exportadora ou simplemente petroleira.


Na década de 1930 eran moi poucos os galegos que se atopaban neste país e na súa maioría procedían de Cuba, debido a que a illa atravesaba nesas datas unha grave crise económica, o que levou consigo unha forte recesión do mercado de traballo. Pero, unha vez finalizada a Guerra Civil española e durante os primeiros anos da contenda mundial, irán chegando pequenos grupos de refuxiados galegos desde Portugal, Francia, Cuba, república Dominicana, Curaçao ou Aruba.

__________________________________________________________________

1. Este artigo forma parte dun traballo máis amplo sobre a emigración galega a venezuela, para cuxa realización, ademáis da utilización de fontes bibliográficas, hemerográficas e de arquivo, se traballou con 182 historias de vida e 424 cuestionarios cumplimentados, sempre que foi posible, polo propio informante, aínda que en moitos casos foi necesario facelo por eles.

Deste xeito, en Venezuela, a comezos da década do corenta atopamos un reducido grupo de galegos, na súa maior parte exiliados republicanos, que desenvolveron un importante labor asociativo na capital do país, de tal maneira que, en abril de 1945, fundaron o primeiro centro galego de Venezuela, o Lar Galego, e participaron na creación de dúas máis: Centro Gallego(1948) e Casa de Galicia (1956). o cuarto existente nos anos cincuenta, Ami- gos de Santiago (1956), foi creado por uns poucos emigrantes procedentes de Santiago de Compostela. Os tres primeiros terminarían fusionándose en 1960 dando lugar o nacemento da Hermandad Gallega de Venezuela.


A existencia das primeiras sociedades viuse favorecida na década de 1950 pola chegada de gran número de emigrantes, cando venezuela se converteu nun país receptor de inmigración masiva debido á profunda transformación económica que estaba a experimentar, impulsada polo auxe petrolífero e pola política inmigratoria de portas abertas do goberno do ditador Marcos Pérez Jiménez. Así, só en cinco anos, entre 1953 e 1958, entraron uns 150.000 españois, o que supón a metade de todos os que emigraron a Venezuela entre 1945 e 1982. aproximadamente un terzo eran galegos, que chegaron ao país atraídos por unha forte demanda de man de obra eficiente e barata para levar adiante o programa de grandes obras públicas. Sobre todo en Caracas, que vive un urbanismo acelerado, é onde se instalou máis do 70% dos galegos que chegaron ao país. trátase agora duns emigrantes despoli- tizados e cuns obxectivos económicos moi claros.


A maioría procede do medio rural e aséntanse na capital, onde os paisanos xa instalados os informan dos posibles postos de traballo e aloxamento; tamén contan co asesoramento dos centros galegos, entre cuxos obxectivos está o socorro mutuo e a asistencia ao emigrante recén chegado ao país, normalmente sen familia e sen recursos económicos.

Carecen de cualificación profesional e, en xeral, teñen escasos coñecementos técnicos ou culturais, polo que comezan realizando os traballos máis humildes e de calquera tipo, con soldos baixos e sen horario. Guíaos o seu desexo de prosperidade e a súa capacidade de traballo. os homes traballan de conserxes, criados en casas de familia (servizo doméstico, xardineiros, chóferes...), albaneis, carpinteiros, zapateiros, xastres, peóns, camareiros, no transporte público (condutores de carriños e taxistas), etc. As mulleres traballan no servizo doméstico (serventas, cociñeiras, neneiras), en talleres de costura, tinturarías, conserxerías, etc.


Foron moi comúns os cambios de traballo ou de actividade, e un dos principais obxectivos da maioría foi o de instalarse pola súa conta. así, despois dun tempo traballando duro e non gastando máis que o imprescindible, moitos conseguiron uns aforros que lles permitiron establecer algún negocio. Calquera tipo, xa que os galegos, a diferenza dos italianos que se es- pecializaron en compañías construtoras e restaurantes ou os portugueses en panadarías e abastos, non demostraron predilección por ningún ramo especial dentro do comercio (salvo en contadísimas excepcións). No sector dos tecidos hai unha importante presenza galega e tamén en zapaterías, ferraxarías, tendas de mobles, tinturarías, xastrerías, tendas de electrodomésticos, pensións, hoteis, axencias de festexos, empresas construtoras, restaurantes (algún dos mellores do país son galegos e fixeron importantes contribucións á cociña criolla). na industria do plástico destaca Manaplás, empresa fundada por Saturnino Cuquejo e no sector agroalimentario, o Grupo Souto. O certo é que pouco a pouco, a presenza de galegos fíxose patente en case que todas as actividades urbanas, comerciais e industriais e pronto moitos deles pasaron a formar parte da clase media do país.


A emigración galega a venezuela diminuíu notablemente dende o ano 1960, debido a que só se permitía a reagrupación familiar e a que a corrente migratoria galega se reorientou cara Europa.

Sen embargo, desde 1974 e ata 1981, nótase unha tenue afluencia de galegos que entran a traballar no país con visado de turista. Venezuela nese espazo de tempo mantivo unha situación política estable, unha economía boiante e unha moeda cotizada (favorecida pola chamada crise do petróleo) o que a converte de novo en foco de atracción. agora, entre os que chegan xa poucos son agricultores, a maioría ten algunha cualificación profesional ou estudos e emprégase no sector ser- vizos, aínda que o obxectivo segue sendo traballar por conta propia.


En 1983 consolídase unha situación de crise económica coa caída do prezo do barril de petróleo, o crecemento da débeda externa, unha inflación sen precedentes e unha forte desvalorización do bolívar fronte ao dólar, que culminou o 18 de febreiro dese ano no famoso venres negro. a partir de aí, ao longo da segunda metade da década do oitenta e sobre todo durante a década do noventa, apréciase entre españois, italianos e portugueses, unha marcada tendencia ao retorno aos seus países de orixe, como consecuencia da crecente inestabilidade económica e política en que se irá sumindo Venezuela.


INTEGRACIÓN


A adaptación é un dos primeiros procesos polo que deben pasar os inmigrantes ao chegar a unha terra estraña e o normal é que, aos poucos, se vaian acomodando ao medio físico da sociedade de acollida. na primeira xeración de emigrantes galegos a venezuela, aínda cando queden definitivamente no país, non hai integración ou se a hai é moi incompleta, máis froito das circunstancias que dunha vontade decidida e madura. Unha integración que, como ben di González Fernández (2005: 131): “(...) debe ser entendida como un proceso gradual, a través do cal os novos residentes se converten en participantes activos da vida económica, social, política e cultural do país de inmigración”.

De acordo coas entrevistas realizadas, as dificultades de adaptación están relacionadas directamente coas dificultades para conseguir traballo, a obtención duns ingresos estables e un lugar digno para vivir2. Sen seguridade económica non habería un clima propicio para a integración e, entre os que o conseguiron, a gran maioría prosperou economicamente. os que chegaron de nenos son os que menos dificultades tiveron para integrarse.


É difícil integrarse totalmente nunha sociedade. e aínda que digas ‘eu son Venezolano’, un sempre ten as súas raíces e máxime os galegos. (...) agora, os que xa están integrados son os fillos, porque naceron alá e son criollos. o estranxeiro sempre ten aquilo de que é estranxeiro (r1:37).


A pesar de manifestar sentirse contentos e de pasar a maior parte da súa vida entre a sociedade que os acolleu, son máis os elementos que indican que o inmigrante galego non se integrou que os que nos indican que si o fixo. as poucas relacións sociais que teñen cos Venezolanos son case sempre superficiais, excepto por cuestións de traballo. este absorbe a maior parte do tempo e o pouco que queda libre (se queda) emprégano en relacionarse con paisanos nos parques e plazas, onde se xuntaban espontaneamente (despois do traballo ou os domingos) e nos centros galegos.


Con respecto a estas asociacións, non está moi claro o seu papel relativo á integración do inmigrante no país receptor, xa que, se por unha banda poden servir de vehículo de axuda e de adaptación á sociedade receptora, por outra poderían facilitar o illamento dos inmigrantes con respecto a dita sociedade ao reproducirse nelas os costumes, pautas de conduta e o tipo de


__________________________________________________________________

2 . A abundancia de traballo, as facilidades para conseguir vivenda, a similitude da lingua e, sobre todo, a presencia no país de parentes e paisanos son factores que facilitan a adaptación á sociedade receptora.

elacións propias do país de orixe, elementos que os manteñen unidos de forma simbólica coa cultura galega, neste caso, reforzando o apego exclusivo co país de orixe e apartándose da cultura propia do país receptor.


Curiosamente, mentres a primeira xeración pensa que non tivo ningún problema para integrarse, os fillos cren que os seus pais nunca o fixeron, debido á inseguridade persoal, social e xurídica existente no país, ademais do desexo sempre latente de regresar a Galicia (e2: 93). Esta segunda xeración, xa nada en Venezuela, considera, salvo excepcións, que integrarse é un proceso moito máis complexo do que os seus pais pensan.


Eugenio Vázquez Gigirey, que estudou mediciña en Santiago de Compostela, traballou no Hospital Juan Canalejo da Coruña e exerceu como médico en Caracas durante uns anos a partir de 1960. Coñeceu de preto a emigración galega e mesmo realizou unha tese doutoral sobre os fillos dos emigrantes galegos en venezuela (1979). Con respecto á integración dos galegos en Caracas, considera que non é posible na primeira xeración; o inmigrante pódese adaptar, pero nunca se integra no país de destino:


(...) la primera generación o sea el emigrante, no se puede integrar de ningún modo, porque su personalidad ya está formada, sus costumbres están hechas..., sus criterios jurídicos, morales, sociales, están establecidos y lo metes en una so- ciedad, que, para empezar, es una sociedad de aluvión, llena de distintos criterios a los que mirar. y como te vas a integrar, allí, ¿a qué te vas a integrar? no había una estructura social criolla propia de Venezuela porque eso estaba invadido por... la avalancha de gente del resto del país que iba a Caracas, del interior que iba a Caracas... no es muy fácil integrarse, porque no tienes un espejo al que mirarte y esto es lo que hay, es muy variado... Pero de todos modos, el emigrante nunca se integra al país de destino... integrarse es muy difícil, puedes adaptarte un poco, adaptarte, pero integrarte no, es muy difícil. En la 

primera generación no hay nada que hablar... la segunda es toda una problemática. los hijos tratan de adaptarse a toda costa y si lo consiguen bien, y si no lo consiguen, regresan a los guetos, o sea, hay bastantes guetos en los que refugiarse (...) (ea 20: Gigirey).


Ademais, tal e como explica Pilar Taboada (pintora e escultora de Lalín, emigrada a Venezuela en 1960) o risco de aculturización e desarraigo está sempre aí:


(...) tú no te integras a la cultura total del pueblo donde vives, pero vas perdiendo parte de tu cultura de origen. eso tiene un riesgo de ‘aculturización’, en ese aspecto, y debemos estar muy conscientes de ello... eso no significa que tú cortas con tus raíces, fíjate bien; es esa división permanente que tiene el emigrante, donde tú eres un poco extranjero aquí y un poco extranjero allá... no soy totalmente española, no soy totalmente gallega, no soy totalmente venezolana (...) (ea 4: Pilar Taboada).


OS "MUSIÚS"


O criollo non comprende ben a estes galegos que traballan moi duro e aforran todo o que poden, polo que os ridiculiza e fai chistes3. aínda así, considéraos honrados, traballadores e leais. aínda que, como manifesta Andrés Vila, “(...) sempre nos tiñan aquela cousa. Dicíannos ‘estranxeiros’ ou ‘portugueses’, pero a palabra que eles empregaban [habitualmente] para referirse a nós era ‘musiús’” (H 750). En Venezuela, ao estranxeiro ou a alguén con aparencia de forasteiro coloquialmente dinlle “musiú”, deformación da palabra francesa “monsieur”. Aplícase tanto aos estranxeiros como ás persoas de pel branca e ollos ou cabelos claros. É unha fórmula de tratamento afectuosa para persoas foráneas, pero que en determinadas ocasións e contextos tamén pode ser utilizada de maneira despectiva. a orixe pode estar relacionada cos vendedores ambulantes de teas, sirios ou libaneses, que percorrían o país e se dirixían aos 

posibles clientes chamándolles “monsieur”. Esta palabra, ao ser adaptada ao son e á pronuncia local, transformouse en “musiú”.


Chamaban ós emigrantes... ‘musiú’, porque viña da palabra francesa que, en francés seica dicen un tipo señor que din ‘mesié’, ‘mesié’ non, bueno, entón eles debido a iso pois a nós foron transformando a palabra hasta o punto que nos chamaban ‘musiú’ e non ‘mesié’ e chamaban ‘musiú’ (...) (H 317).


En ocasións foi percibido como un insulto por parte de galegos, españois ou calquera outro estranxeiro: “a veces ofendíante con tanto chamarche ‘musiú’” (r1:82). Efectivamente, podía ser utilizado de maneira despectiva ou como insulto segundo o tipo de entonación que se lle dese e por suposto, xa non deixaba lugar a dúbidas se ía acompañado de expresións como “coño de madre” ou “que nos vienen a comer aquí la arepa” (“que nos queren quitar o traballo”) (H 1304).


O CONFLITO LINGÜÍSTICO


A pesar de que en Venezuela se fala o mesmo idioma4, para moitos galegos as dificultades para expresarse en castelán supuxeron nos comezos un serio contratempo: “a miña adaptación foi un período longo, xa que eu era galego falante e non entendía á perfección o español. Por isto atopeime con problemas á hora de atopar traballos hasta que me adaptei completamente (...)” (ea 12: Antonio).




3. Os “chistes de galegos” en venezuela fixéronse común tardiamente, na década dos oitenta, por influencia arxentina. Ata entón os máis común eran os “chistes de gochos”, en referencia aos naturais da área andina venezolana.

4. Neste sentido a vantaxe é clara con respecto a aqueles que emigraron a europa: “en venezuela hay la ventaja del idioma, mientras que en alemania y Suiza, a donde también emigré, tuvimos muchas dificultades y durante el primer año solo nos entendíamos por señas” (ea 52: González).


Os emigrantes asumiron a estigmatización da súa propia lingua pola ideoloxía dominante e o proceso de asimilación lingüística ao castelán, que en parte, xa ten lugar en Galicia antes de saír do país (Gugenberger, 2001: 256). Aínda que a maioría dos entrevistados indica o galego como a súa primeira lingua aprendida no ámbito familiar na nenez, tamén é certo que gran parte deles adquiriran rudimentarios coñecementos do castelán no seu breve paso pola escola e poderíase dicir que eran bilingües en menor ou maior grao xa en Galicia. Pero o certo é que en xeral, chegan a Venezuela cun sentimento de inferioridade en canto á súa lingua e consideran ao galego un idioma de segunda categoría. Foron moitos os que se sentiron cohibidos por non expresarse ben en castelán e se esforzaron en falalo o mellor posible para non ser obxecto de burlas ou tomado por portugués5: “(...) aquí a palabra que utilizaban en tono peyorativo era a de ‘portugués’. inclusive aos galegos chamábanlle ‘portugués’ cando os querían molestar ou ofender (...)” (ea 3: Meilán).

Está claro que a emigración esixe adaptación, en maior ou menor grao, á sociedade receptora6, pero isto non significa necesariamente a perda da lingua nin doutros elementos de identidade. o idioma galego utilízase sobre sobre todo no ámbito privado, no fogar e cos paisanos: “Con los gallegos siempre hablábamos el gallego. [¿Con la familia?] también y con los paisanos hablaba en gallego... con los venezolanos no se podía hablar... había que hablar en castellano” (ea 18: a Graña).

__________________________________________________________________

5. a emigración portuguesa foi relativamente importante en venezuela (a terceira de europeos, detrás da española e a italiana). Procedían, na súa maioría, da illa de Madeira, aveiro e Porto e foron obxecto de burlas a causa das súas vestimentas e das dificultades para expresarse en castelán, ata o punto de que “portugués” foi utilizado polos criulos a modo de insulto, sendo moitos galegos tomados por portugueses. Posteriormente, adicáronse en gran medida ao pequeno comercio de comestibles, colmados, abastos e panaderías, etc., o que fixo que en momentos de subida dos prezos se lles botase a culpa, non á mala xestión económica do goberno, senón aos portugueses.

6. Por unha banda, séntense cómodos e adecúanse ao clima, adaptan comidas e ata participan do caos e da co- rrupción, pero pola outra, non se integran a un colectivo ao que consideran “distinto”.

En xeral, ven con bos ollos que os seus fillos saiban falalo, aínda cando, como xa se dixo, atribúan maior importancia ao castelán, por crela unha lingua máis culta. a segunda xeración, aínda que entende perfectamente o galego, practicamente non o fala.


(...) ellos eran gallego hablantes [los padres] y de hecho fueron siempre gallego hablantes. y entre ellos, y en casa, cuando hablaba mi padre y mi madre, pues entre ellos hablaban gallego. lo que pasa es que a mi hermana y a mí nos ha- blaban en castellano. incluso ellos con sus amigos y todos siempre hablaron gallego. y te puedo decir que mi hermana, a pesar de no haber nacido en es- paña, de no haber nacido en Galicia, pues ella entiende perfectamente el ga- llego, y como ella todos los hijos de emigrantes, y te digo que todos, a pesar de no hablarlo, sí entienden perfectamente el gallego (H 1055).


OS MODELOS FAMILIARES


O comportamento endogámico reflíctese nas pautas matrimoniais. a maioría prefire casar cunha muller da súa terra: o 62% dos homes casaron con galegas e o 13% con mulleres do resto de españa. Por tanto, no 75% dos casos, emparelláronse con españolas. no caso das mulleres, estas porcentaxes aínda son máis altas: o 77% casou con galegos e o 13% con homes do resto de españa; entón o 90% das galegas emparelláronse con españois. Tan só un 3% fixérono con venezolanos e un 7% con estranxeiros (portu- gueses sobre todo). este comportamento débese a que o matrimonio cun paisano ou paisana diminúe o risco de fracaso e, sobre todo, axuda a seguir mantendo o sistema de valores que se deixou atrás.


Ada Iglesias, filla de galego e venezolana, confirma que o seu caso non é frecuente e que os pais dos seus amigos son ambos galegos. Conta que a súa avoa paterna, cando se decatou de que o seu fillo casaba cunha venezolana decidiu, a pesar de non viaxar nunca fóra de Galicia e debido a certos 



prexuízos da época, trasladarse a venezuela para comprobar se casaba cunha negra e non cunha muller venezolana branca como lle asegurou:


(...) cuando mi abuela se enteró de que se casaba mi padre con una venezo- lana, lo primero que hizo fue ir a ver si era negra, se fue a venezuela porque tenía pánico, era un criterio de que la mezcla de razas no era positiva. esa mezcla que sí se dio, yo conozco casos de italianos. italianos sí se mezclaron bastante más, sobre todo con mujeres negras, con mujeres de piel muy negra ellos se mezclaron bastante más (...) (ea 15: Ada Iglesias).


Algunhas parellas coñecéronse nas pensións rexentadas por galegos onde se instalaban homes e mulleres recentemente chegados de Galicia. Tamén houbo casos nos que comezaron a relacionarse traballando na mesma casa de familia. Neste sentido, a emigración uniu parellas cuxas posibilidades de coñecerse na Galicia daqueles anos eran moi limitadas.


Outro lugar de encontro, onde se coñeceron e iniciaron moitas relacións de parella, foi nos bailes dos centros galegos, que tiñan fama de ser os máis animados entre as colectividades de inmigrantes. entre os seus beneficiarios sempre houbo españois orixinarios doutras comunidades autónomas que, chegando en número reducido, optaron por integrarse nas sociedades galegas xa constituídas, incluídos canarios, o grupo máis numeroso entre os españois. Para asistir aos bailes non era necesario ser socio, só había que pagar o importe da entrada:


A mi mujer la conocí en el Centro Gallego, que organizaba bailes a los que yo iba (...). Bueno sí, yo soy canario, de Santa Cruz de Tenerife, pero aunque aquí en Caracas había un Centro Canario, pues a mis amigos y a mí nos gustaba más ir al Gallego, que era mucho más animado y al que iban muchas mujeres, con decirle que la mía también es canaria (...) (Fernández Morales, 1992: 300).



O DILEMA DA NACIONALIZACIÓN


Adquirir a nacionalidade venezolana non é indicador fiable de integración. este país nunca puxo demasiadas dificultades para dar a cidadanía aos españois que a solicitasen e os que a obtiveron case sempre foi por motivos económicos: a lei do traballo de 1936 xa establecía que o 75% dos traballadores de calquera empresa debían de ser venezolanos e mesmo para poder ser titular dun negocio tamén había que selo. Por tanto, obedece máis a presións indirectas de organismos estatais que a decisións espontá- neas e libres7: “Siempre fui española, y eso fue en mi contra porque para los trabajos y todo tenías más ventajas si eras del país de donde estabas, por lógica” (H 1086).


Segundo os datos estatísticos do Censo de 19618, soamente o 19,32% dos españois se nacionalizaran venezolanos. Homes na súa maioría (72%, segundo o anuario estatístico de Venezuela: 1957-1963), moitos dos cales adquiriron a nacionalidade do país receptor para poder ter o negocio ao seu nome, xa que se non, debían realizar unha serie de trámites burocráticos que complicaban moito a situación: “(...) sí me nacionalicé, creo que en el año 75... 74, 75 ya que cuando empecé a poner negocios por mi propia cuenta, el país requiere naturalización o en caso contrario, hay que hacer unos trámites para ser inversionista extranjero pero son unos trámites que cada año había que en esa época andarlos renovando y era muy problemático...” (H 1171).



7. “Entre los extranjeros que permanecen, el porcentaje de naturalizados es relativamente bajo. (...) el mayor número de naturalizados se encuentran entre la población masculina, sin duda debido a las presiones ejercidas por la ley de trabajo y los reglamentos sobre inversiones extranjeras. (...) es de interés destacar que la toma de la nacionalidad venezolana no siempre influye en la radicación del individuo. los muestreos indican que más del 10% de las personas que recibieron la ciudadanía venezolana salieron luego definitivamente del país” (Berglund y Hernández Calimán, 1985: 58).

8. Anuario Estadístico de Venezuela 1957-1963.

En 1980, segundo datos da DIEX (Dirección de identificación y extranjería), dos 273.937 españois cedulados no país, 78.390 adquiriran a nacionalidade venezolana, o que supuña o 28,61% do total, o máis alto das principais colectividades de inmigrantes (italianos 18,22%; portugueses 15,25%; e co- lombianos 7,45%). Apréciase un incremento do dez por cento sobre os rexistros de vinte anos antes, que se debe por en relación cunha poboación cunha porcentaxe alta de pequenos e medianos empresarios, máis asentada e arraigada no país.


O certo é que foron moitos os galegos que non se sentiron obrigados ou non necesitaron nacionalizarse en ningún momento da súa estancia no país, e iso que os españois tiveron todas as facilidades para adoptar a nacionalidade venezolana, o único inconveniente, como se viu, era que se así o facían perdían a española.


Aínda que non existe un convenio de dobre nacionalidade entre españa e venezuela, con todo hai cidadáns que ostentan as dúas nacionalidades. Aqueles que se naturalizaron venezolanos puideron recuperar a cidadanía española tras a entrada en vigor da Constitución de 1978. En cambio, entre os exiliados políticos españois, unha vez perdidas as esperanzas de volver ao seu país, a porcentaxe de nacionalizacións foi de case o cento por cento.


VIOLENCIA E INSEGURIDADE SOCIAL


A inseguridade é outro dos factores que contribúe a que non haxa integración: “la intranquilidad era lo que te mataba. Siempre había atracadores. ¡Yo no vivía tranquila!” (r1:57). Desde o momento da chegada teñen que facer fronte a esta situación e tomar precaucións. Pouco a pouco, irán descifrando os códigos locais e desenvolvendo unhas pautas de comportamento a seguir.

Delincuencia e inseguridade sempre as houbo, aínda que nalgunha época máis acentuada que noutras. Moitos afirman que na ditadura de Pérez Jiménez había máis seguridade e vivíase mellor: “(...) cuando Pérez Jiménez, como aquí [Galicia]... Pero ó vir despois o cambio... a inseguridad personal despois de Pérez Jiménez sempre foi moita. É o único malo que hai alí [venezuela], non hai outra cousa mala, para min ¡eh!” (ea 39: valdés). É algo que resulta moi chocante para xentes que proceden de lugares nos que a tranquilidade é o elemento dominante e non se está afeito a este tipo de situacións de inseguridade e violencia:


(...) los que íbamos de aquí [Galicia], de pueblos, o de aldeas, que el único crimen que habíamos conocido era el de los cantares de ciego, pues llegabas allá y te afectaba, y con el tiempo más porque... al comienzo solamente te sonaba que mataron a uno aquí y al otro allá, pero eso siempre existió, seguridad nunca hubo... porque todavía no conocías a la gente, pero cuando pasaban los años y ya empezaste a conocer a la gente y de pronto te caía cerca un homicidio y tal, empezó a afectarnos... (ea 20: Vázquez Gigirey).


Esta situación vai xerar en moitos inmigrantes ansiedade, medo a saír á rúa e problemas de adaptación, a parte de desconfianza nos diferentes corpos de seguridade venezolanos, aos que tamén se consideraba implicados en moitos delitos.


A falta de seguridade e a violencia pasaron a formar parte das vivencias cotiás coas que tiveron que convivir a maioría dos inmigrantes. Unha inseguridade relacionada cuns desaxustes sociais que se foron acentuando co tempo e que se agudizarían a partir dos anos oitenta, ata converter a Venezuela nun dos países máis inseguros e cos máis altos niveles violencia do mundo.

Esta situación xerou medo a saír de noite e a reclusión nos domicilios a partir das sete ou oito da tarde: “as cousas máis malas pasaban de noite e nós de noite non saíamos” (r1:56). Estas situacións de inseguridade deron lugar a que as actividades de lecer se realizasen, na medida do poder ad- quisitivo de cada un, nas instalacións dos centros galegos ou nas de clubs privados de praia, onde a seguridade era total. aínda que, para moitos, as reunións nos parques e prazas de Caracas e as saídas ao Junquito ou á praia coa familia e amigos seguiron sendo habituais.


Á inseguridade física únese a inseguridade social nun país no que a sanidade pública e as prestacións sociais do estado son case inexistentes e onde unha enfermidade pode acabar cos aforros de toda unha vida.


Yo creo que es más grave la inseguridad social. Porque aquí el que caiga enfermo y tenga un poco de dinero, mientras no se le acabe el dinero va muy bien, bueno muy bien dentro del problema, de la enfermedad que tenga, pero el día que se le acabe el dinero tiene que tirarse a morir... y como no existe en venezuela la asistencia social, el seguro social aquí es una mierda, no sirve para nada, aunque fue uno de los primeros de latinoamérica, cuando funcionó, pero hoy no sirve para nada, porque todo se fue en corrupción, entonces no hay... Una persona aquí se enferma, no tiene dinero y se muere... (ea 2: Ramos).


Aqueles que poden permitilo deben recorrer á contratación de seguros privados e non sempre é unha garantía. Por outra banda, ser atendido nun hospital privado supón un esforzo económico considerable que a gran maioría non pode permitirse.



La gente le tiene mucho miedo a una enfermedad, a un accidente, sus ahorros se pueden ir... todos los de un cierto nivel tenemos seguro para todo, para carro, de vida, enfermedad... aquí entrar a una clínica particular, porque las cosas del estado están colapsadas significa que tú vas a tener que hipotecar en un momento dado la casa si tú no dispones de esa cantidad para..., porque estamos hablando de millones... las personas que están ahí no aceptan al señor que llega muriéndose si tu no anticipas una cantidad de dinero fuerte... (ea 4: Pilar Taboada).


Esta falta de seguridade social fixo que moitos españois que se naturalizaran venezolanos fosen recuperando a súa nacionalidade de orixe para poder volver a españa como retornado e acollerse, en caso de necesidade, ás prestacións da Seguridade Social Española.


CHOQUE DE PERCEPCIÓNS


Por outra banda, en xeral, os galegos consideran aos venezolanos frouxos, pouco traballadores, derrochadores, cuns principios éticos e morais pouco firmes e que viven ao día: “as costumes de alá [Venezuela]... son distintas a estas, alí o criulo non..., non é unha xente que... lle guste, por exemplo, traballar e aforrar os cartos como facemos nós... o deles é, se teñen como lle chaman alá un ‘fuerte’, que son cinco bolívares, pois é pa tomar cervexa ou tomar caña branca ou que sexa...” (H 514).


Pero hai quen se aparta destes tópicos e considera que hai traballadores e vagos, como en todas as sociedades. aínda que no caso de Venezuela, dadas as condicións ambientais e socioeconómicas do país, era posible unha sub- sistencia sen demasiados esforzos, sobre todo ata a crise económica dos anos oitenta:



(...) el venezolano es igual que el gallego y que el español. los hay flojos [vagos] y los hay trabajadores. Yo considero que el venezolano es trabajador y es responsable. Claro que también está el flojo, el que no quiere saber nada porque..., compra cuatro latas, cuatro ladrillos, les pone una lata por encima, va a la esquina y compra una docena de ‘cambures’ [plátanos] y una ‘Pepsi Cola’, y una arepa, y ya comiste, ¿entiendes? y no hay frío, no hay nieve. Lo único que puede venir es una riada y te lleva todo el rancho para abajo. no importa, lo pone en otro lado (ea 2: Ramos).


Os inmigrantes, en xeral, sinten que ao nativo non lle gusta a súa presenza no país, porque supoñen unha forte competencia en materia laboral. traballan duro, as horas que faga falta e por salarios baixos, o que leva consigo que os criulos os fagan sentir estranxeiros e lles mostren que a súa presenza xa non é necesaria no país.


A maioría dos entrevistados coinciden en sinalar que o venezolano é aberto, acolledor, afable, servicial e moi receptivo. Hai quen pensa, como Pilar taboada, que non hai frouxeira, que o verdadeiro problema está na falta de motivación:


(...) el venezolano es un ser excepcional... el venezolano es un ser espontáneo, abierto, muy carismático, o sea, donde tú te sientes integrado... puedes ir a su casa en cualquier momento, eres excelentemente recibido, hay más apertura, no hay tanto protocolo... estamos en un país tropical, donde es deter- minante la temperatura, el tipo de alimento. Eso podría producir una cierta apatía... yo no puedo considerar a un pueblo que se levanta a las seis de la mañana para acudir a su trabajo, donde los niños van al colegio a tal hora, donde la mayor responsabilidad es de mujeres que son padre y madre en sus casas y sacan adelante una familia con esfuerzo, ¡yo no puedo considerarlo flojo!... No hay flojera, es falta de motivación (ea 4: Pilar Taboada).

Os galegos que tiveron algún tipo de negocio con empregados venezolanos coinciden en que, aínda sendo bos operarios (cando acudían ao seu posto de traballo), non tiñan a capacidade de traballo dos galegos ou doutros estranxeiros. Tampouco eran aforradores, pois o fin de semana gastaban todo o que gañaran e, en moitos casos, o absentismo laboral dos luns era algo co que debían contar á hora de organizar o traballo:


(...) nosotros nunca tuvimos problemas. yo nunca tuve problemas con ninguno, incluso los trabajadores que estaban allí, los quería, me querían, nunca me dejaron el trabajo sin hacer, que eran venezolanos, alguno marchó a las 8 de la noche y a las 3 de la mañana volvía a estar planchando, sin pedírselo... Los venezolanos allí no eran malos, no. Eran una gente que no ahorraba, lo gastaba todo al momento, al día, andaban todos al día, todos al día, pero después no eran malos. Hombre, si cuadra, para trabajar alguno, un lunes y eso, porque ‘tomaban’ un poco más el domingo, le venía un poco más flojo... no, tampoco eran irresponsables, quizá, venían así un poco más cansados, más flojos... (ea 47: Freire).


O certo é que a maioría dos empresarios galegos, nos postos clave ou de confianza dos seus negocios, preferiron ter a paisanos antes que a venezolanos.


A pesar de ser vistos pola sociedade receptora como brutos, de cuestionar o seu afán de aforro, o seu desexo de prosperar e os seus malos hábitos hixiénicos, en xeral, os galegos sentíronse ben considerados e ben tratados polos venezolanos, que tamén os vían como honrados, tenaces, traballadores e persoas de fiar: “[Ben considerados]... por honradez, maiormente por honradez, traballadores e honrados. O que pasa é que naquelas datas non estabamos como está hoxe a xente, non se estudaba tanto... era do que carecíamos, de preparación. Pero como honrados e traballadores... excelentes...” (ea 39: Valdés).

Por outra banda, os chistes de galegos (de influencia arxentina) e as burlas sobre a maneira de falar ou outros estereotipos negativos nos medios de comunicación tampouco foron comprendidos e causaron malestar: “(...) nos usaban como de mofa... yo al venezolano nunca lo pude... que se rieran de mi acento y que hicieran chistes en la televisión de los gallegos, no nunca, nunca lo comprendí” (H 1054).


Periodicamente, houbo –e segue habendo– brotes de xenofobia contra o estranxeiro, algo normal nunha sociedade de aluvión con altos niveis de poboación de orixe foránea. A caída do réxime de Pérez Jiménez levou consigo manifestacións contra os estranxeiros como rexeitamento, por unha banda, á vinculación que co réxime tiveron sobre todo os italianos e por outra, aos logros económicos conseguidos polos europeos durante ese período. Posteriormente, de maneira moi puntual “en la fiesta nacional y en la celebración de la independencia de venezuela, se producían muestras de rechazo a los españoles [nacionalismo]” (r1:38).


Para moitos galegos, que lles lembrasen e lles fixesen ver que eran estran- xeiros continuamente era algo ofensivo, aínda que o achacaban sobre todo aos sectores sociais máis baixos: “Uno siempre es extranjero, y siempre hay alguien que le recuerda que es extranjero, pero es de clase baja, clase bruta” (e1:148). O venezolano ve con desconfianza, e ás veces mesmo con envexa, a estes inmigrantes que, a base de esforzo e traballo, melloraron considerablemente a súa situación económica e pasaron a formar parte das clases medias do país: “Muchos de ellos [gallegos] se sienten rechazados por el venezolano, tal vez, porque el venezolano envidia el progreso que los gallegos han logrado en este país gracias a su esfuerzo y trabajo, lo cual hace que el gallego se cree la imagen general del venezolano flojo y vividor” (e2:40).

É evidente que nin todos os galegos son brutos e ignorantes, nin todos os venezolanos frouxos e irresponsables. Hai valores moi positivos en ambas culturas que permitiron a convivencia e o enriquecemento mutuo. ningún pobo é absolutamente despreciable nin absolutamente marabilloso: “(...) aquí [Venezuela] a solidaridade é un elemento que eles o exercen sen xiquera saber o que é... ao mellor resulta que hai unha herdanza xenética de ser solidario, (...) e eu creo que o maior defecto que hai en Europa, (...) é a insolidaridade tan terrible que hai. Iso é polo menos un valor moi positivo da sociedade venezolana (...)” (ea 6: Xosé Manuel López Trelles).


En xeral, por parte dos galegos hai moito agradecemento ao país que lles permitiu traballar e prosperar economicamente, aínda que sempre poida haber alguén que lles lembre que son “extranjeros”: “Uno se ve obligado a querer a este país porque... le ha dado muchas cosas, pero también se siente un poquito acomplejado cuando llega un venezolano y le dice ‘no, que tú eres extranjero’. ¿Cómo tú me vas a llamar extranjero a mí, si yo tengo 40 años en este país?’” (Derham, 2002: 316).


O emigrante vese dividido entre a terra de orixe, que lle deu a súa identidade e a súa cultura, e a outra que o acolleu, lle proporcionou traballo, benestar e progreso. En moitos casos considéranse discriminados, tanto en venezuela como en Galicia, e non se senten de ningunha parte, nin se senten ben en ningún sitio, pero ao mesmo tempo forman parte dos dous lugares: “na miña opinión, o problema máis grande de ser emigrante é que non te sintes nin dun lugar nin doutro e, ao mesmo tempo, es parte dos dous. en canto te vas dun, xa estás a pensar no outro” (r1:21).


Un problema de identidade que é común a todos os emigrantes que permaneceron durante moitos anos na emigración e que, evidentemente, afecta tamén aos fillos, como manifesta o testemuño seguinte dun venezolano fillo de galegos:

Definitivamente existe una división, ya que te sientes venezolano, pero los nacionales te hacen sentir extranjero, y te sientes español, pero los españoles, te hacen sentir venezolano. es una dualidad difícil de explicar y para conocerla, hay que sentirla (e2:39).


Non ser de ningún lado, non sentirse de ningunha parte, tratar de non perder a cultura propia e non integrarse totalmente na cultura do país adoptivo é unha das desventuras do emigrante, “nin de acá, nin de alá”. Galego en Venezuela, venezolano en Galicia. Sempre estranxeiro.


BIBLIOGRAFÍA CITADA E FONTES


Álvarez Silvar, G. (2002): La migración de retorno en Galicia (1970-1995). Universidad Complutense de Madrid, Facultad de Ciencias Políticas y Sociología. tesis doctoral.


AMAE, R.-5692, exp. 6. informe del embajador español en venezuela Manuel Valdés al Ministro de asuntos exteriores sobre emigración a Venezuela. Caracas, 28 de marzo de 1955.


AMAE, R.-5692, exp. 6. Carta del embajador de españa en Venezuela al Ministro de asuntos exteriores sobre emigración española a Venezuela. Caracas, 18 de abril de 1955.


Anuario Estadístico de Venezuela. 1957-1963. república de Venezuela, Ministerio de Fomento, Dirección General de estadística y Censos nacionales, Caracas, 1964.


BERGIUND, S. y Hernández Calimán, H. (1985): Los de afuera: un estudio analítico del proceso migratorio en Venezuela. Caracas, Centro de estudios de Pastoral y asistencia Migratoria (CePaM).


Contiña, R. (1982): Gallegos en Venezuela. Caracas, ed. logos.


DERHAM, M. J. (2000): Inmigration, Assimilation and Nation-Building in Venezuela: The Pérez Jiménez Government and its Aftermath. University of liverpool. tesis Doctoral.


FERNÁNDEZ MORALES, M.J. (1992): La emigración española a Venezuela de 1850 a 1960. Madrid, Universidad Complutense de Madrid, Facultad de Geogra- fía e Historia. tesis Doctoral.


GONZÁLEZ FERNÁNDEZ, M.P. (2005): Lo vivido en su hondura: migraciones y cotidianidad. Presencia de inmigrantes gallegos en Venezuela. Universidad Central de Venezuela, Facultad de Ciencias económicas y Sociales. UCv-tesis.

GUGenBerGer, e. (2001): “identidad, conflicto lingüístico y asimilación: observaciones sobre la lengua gallega en Buenos aires”, en núñez Seixas, X. (ed.): La Galicia Austral. La inmigración gallega en la Argentina. Buenos aires, editorial Biblos, pp. 251-277.

GUGENBERGER, E. (2001): “identidad, conflicto lingüístico y asimilación: observaciones sobre la lengua gallega en Buenos aires”, en núñez Seixas, X. (ed.): La Galicia Austral. La inmigración gallega en la Argentina. Buenos aires, editorial Biblos, pp. 251-277.


FONTES ORAIS

Entrevistas realizadas polo Autor (eA):

EA 1: Juan antonio iglesias. Data entrevista: febreiro 1995.

EA 2: Manuel ramos. Data entrevista: 21/03/1995.

EA 3: eduardo Meilán (a Coruña). Data entrevista: 22/03/1995.

EA 4: Pilar taboada (a estrada, Pontevedra). Data entrevista: marzo 1995.

EA 5: Juan Manuel Giraldez. Data entrevista: marzo 1995.

EA 6: Xosé Manuel lópez trelles (a Coruña). Data entrevista: 29/03/1995.

EA 12: antonio (Cartelle, ourense). emigrou a venezuela en 1954 e retornou a Galicia en 1963. Data entrevista: mayo 1997.

EA 15: ada iglesias (Caracas, venezuela). nada en 1968, regresou a Galicia no 2006. Data entrevista: 07/07/1998.

EA 16: Saturnino Cuquejo (Baltar, ourense). nado en 1928, emigrou a ve- nezuela en 1957. Data entrevista: 28/01/1999.

EA 18: a Graña (Covelo, Pontevedra). Data entrevista: 30/07/2004.

EA 20: eugenio vázquez Gigirey (a Coruña). emigrou a venezuela en 1960. Data entrevista: 02/02/1999.

EA 21: Pedro Álvarez Domínguez (nogueira de ramuín, ourense). nado en 1933, emigrou a venezuela en 1958 e retornou a Galicia en 1985. Data entrevista: 04/02/1999.

EA 39: antonio valdés (Sober, lugo). nado en 1919, emigrou a venezuela en 1955 e regresou a Galicia en 1982. Data entrevista: noviembre 1997.

EA 47: José Freire (Sober, lugo). nado en 1931, emigrou a venezuela en 1955 regresou a Galicia en 1963. Data entrevista: 20/02/1998.

EA 52: ildefonso González Domínguez (Calvos de Bande, ourense). nado en 1935, emigrou a venezuela en 1953 e regresou a Galicia en 1958. Data entrevista: 04/04/1998.

ENTREVISTAS RECOLLIDAS NO FONDO HISTORGA (ARQUIVO DE HISTORIA ORAL DE GALICIA, FACULTADE DE XEOGRAFÍA E HISTORIA. UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA), (H):


H 275: Estrella Grela leobalde (ordes, a Coruña). nada en 1932, emigrou a venezuela en 1956 e regresou a Galicia en 1967.

H 317: Francisco Pérez Somoza (Celanova, ourense). nado en 1933, emigrou a venezuela en 1957 e regresou a Galicia en 1968.

H 321: Manuel Rodríguez Enríquez (Celanova, ourense). nado en 1031, emigrou a venezuela en 1955 e regresou a Galicia en 1982.

H 514: Manuel Conde Vieitez (toén, ourense). nado en 1943, emigrou a venezuela en 1970.

H 750: Andrés Vila Martínez (Portas, Pontevedra). nado en 1940, emigrou a venezuela en 1957 e regresou a Galicia en 1971.

H 1054: Francisco Alfonso Reboreda (Portas, Pontevedra). nado en 1940, emigrou a venezuela en 1957 e regresou a Galicia en 1979.

H 1055: Mercedes Maquieira Miguens (Caldas de reis, Pontevedra). nada en 1954, emigrou a venezuela en 1963 e regresou a Galicia en 1981.

H 1086: María José Pampín Monzo. nada en 1953.

H 1090: andrés Carballo Castro. nado en 1958, emigrou a venezuela en 1978 e regresou a Galicia en 1989.

H 1141: Luis Ferreiro (Celanova, ourense). emigrou a venezuela en 1967.

H 1171: Ramón Alonso Sieiro (Boborás, ourense). nado en 1950, emigrou a venezuela en 1970.

H 1253: Miguel Pias Castro (a Baña, a Coruña). nado en 1936, emigrou a venezuela en 1953 e regresou a Galicia en 1983.

H 1274: Valisneria andión Márquez (Forcarei, Pontevedra). nada en 1930, emigrou a venezuela en 1963 e regresou a Galicia en 1983.

H 1304: Manuela Pesqueira Santiago (Marín, Pontevedra). nacida en 1924, emigrou a venezuela en 1955 e regresou a Galicia en 1958.

H 1329: Emilio Sumavielle Acuña (ourense). nado en 1931, emigrou a venezuela en 1957 e regresou a Galicia en el 2003.


ENTREVISTAS REALIZADAS POLO AUTOR A EMIGRANTES GALEGOS A VENEZUELA DE 1ª XERACIÓN (E1):


E1 148: Home (Bande, ourense). nado en 1947, emigrou a venezuela en 1967.

entrevistas realizadas polo autor a emigrantes retornados galegos de Venezuela de 1a xeración (r1):

R1 21: Home (ribadavia, ourense). nado en 1937, emigrou a venezuela en 1957 e regresou a Galicia en 1969.

R1 32: Muller (Bande, ourense). nada en 1914, emigrou a venezuela en 1959 e regresou a Galicia en 1980.

R1 37: Home. nado en 1927, emigrou a venezuela en 1951 e regresou a Galicia en 1982.

R1 38: Muller (ourense). nada en 1938, emigrou a venezuela en 1957.

R1 56: Muller (a Merca, ourense). nada en 1930, emigrou a venezuela en 1957 e regresou a Galicia en 1966.

R1 57: Home (Sober, lugo). nado en 1920, emigrou a venezuela en 1955 e regresou a Galicia en 1960.

R1 82: Home (Sober, lugo). nado en 1939, emigrou a venezuela en 1958 e regresou a Galicia en 1977.


ENTREVISTAS REALIZADAS POLO AUTOR A FILLOS DE EMIGRANTES GALEGOS EN VENEZUELA  (2ª XERACIÓN, E2):


E2 39: Home (Caracas, venezuela). nado en 1967. Pai de a Coruña, nai de Barcelona.

E2 40: Muller (Caracas, venezuela). nada en 1975. Pai de a Coruña, nai de a Coruña.

E2 93: Home (Caracas, venezuela). nado en 1963. Pai de Pontevedra, nai de lugo.