diario

PLAN PREVENCIÓN DO SUICIDIO EN GALICIA SOLICITUDE DE REVISIÓN EXTERNA

08/09/2017

 

Hoxe presentouse o Plan de Prevención do suicidio en Galicia

 

Ante a solicitude de revisión externa por parte da Consellería esta foi a resposta consensuada na Xunta Directiva da Asociación


A. Aplicabilidad e relevancia

 

-O plan debería redactarse a continuación dun plan estratéxico de saúde mental e non antes de, como neste caso.

 

-No plan non figuran presupostos nin persoal para a súa execución, dous aspectos cruciais para a súa aplicabilidade.

 

-Non existe unha análise polo miúdo das debilidades actuais como parte necesaria para poder melloralas.

 

B. Contido e estrutura do Plan

 

-As liñas estratéxicas están tratadas como pertencentes á mesma orde da realidade e coa mesma posibilidade de aplicación (xenética, psicoloxía, intervencións preventivas, terapéuticas…). A ontoloxía é moi confusa e da unha sensación de totum revolutum.

 

-Malia as declaracións de intencións, segue a ter pouca énfase no social.

 

-O modelo clínico proposto inclúe “impulsividade” e non “sufrimento” como adoitan facer moitos outros modelos (ex. Schneidemann).

 

-As necesidades de saber epidemiolóxico son unha constante dende hai máis de vinte anos, tendo escoitado en moitas outras ocasión propósitos de enmeda semellantes que, até o de agora, nunca se cumpriron. Debería facerse máis explícita tal necesidade e asegurar dun xeito indiscutíbel o seu cumprimento, con prazos ben fixados. Neste senso, somos coñecedores do encargo á Sociedade Española de Epidemioloxía Psiquiátrica dun estudo sobre das relacións entre ideación suicida e intento suicida, entregado fai aproximadamente un ano e aínda sen publicar.

 

-Non existe mención a necesidade de recuperar de xeito claro o papel das USM como nodo de acceso ao sistema e eixo central para calquera intervención comunitaria. Desta maneira e como en tantas outras ocasións o concepto “comunitario” baléirase de sentido.

 

-Nas axendas da USM deben figurar tempos para accións conxuntas, formación e coordinación.

 

-O fincapé nas “novas tecnoloxías” agocha e minimiza as variables “compromiso” e “continuidade terapéutica” que ten demostrado influencia decisiva no suicidio.

 

-O obxectivo “diminuir a ideación suicida” parécenos de moi difícil cumprimento e, tal vez, deberíamos quedarnos en diminuir os actos suicidas.

 

-O suicidio aparece como algo uniforme (en consonancia con algúns modelos) habendo outros moitos que reflexionan e proporcionan chaves no suicidio contemplando diferentes modalidades ou respondendo a distintas condicións e estruturas clínicas.

 

-Hai pouca mención ao subxectivo e os intentos de categorización caen no risco de homoxeneización.

 

-A posibilidade de códigos debe polo menos analizarse dende unha perspectiva ética e de estigma.

 

-Na lectura xeral, hai unha impresión de medidas controladoras que contradí os principios de autonomía e empoderamento. O espíritu é de implementar maiores medidas de control e maior vixianza mediante escalas e protocolos. Neste sentido, a guía GPC elaborada por profesionais galegos e citada na bibligrafía dí: “...recoméndase non substituír a entrevista clínica polo emprego de escalas auto e heteroaplicadas...”.

 

-Deberíase aportar o dato dos suicidios nas unidades de agudos e noutros dispositivos como unidades de rehabilitación ou residenciais. Son necesarios datos sobre os suicidios en plantas médicas ou cirúrxicas dos hospitais. De esta xeito, fica sen facerse unha análise sobre as posibilidades de mellora nos ambientes terapéuticos dos dispositivos de internamento psiquiátrico ou médico. E tampouco se valora a necesidade de crear algún tipo de comisión que analice incidentes críticos.

 

-As dúas ilustracións que tratan de organizar os axentes implicados están ben elaboradas pero lamentáblemente todo o que segue non permite entender como se vai realizar efectivamente.

 

-Na parte estatística insístese moito na baixada de 2015 pero deberían incluírse os datos do 2016 para un plan que se vai facer efectivo no segundo semestre do 2017.

 

-Da lectura dos artigos citados na bibliografía sobre a relación entre suicidio e crise se conclúe que existe relación entre desemprego e suicidio, pero o plan non fai referencia posteriormente a esta cuestión (estes achádegos talvez levarían a recomendar maiores medidas de protección social).

 

-Os programas prestados na actualidade polos servizos de psiquiatría son máis ou menos descritos pero non se aporta ningún dato sobre os mesmos.

 

-Encanto aos centros de menores e sociosanitarios, habería que valorar se as variacións de personal e a temporalidade van permitir as accións formativas eficaces. Tampouco se fai mención á posibilidade de realizar interconsulta dende o sistema sanitario público a estes centros ou retomar o programa sociosanitario.

 

-Non se propón ningún cambio organizativo dando por boas as actuacións realizadas até o de agora.

 

-En xeral, é demasiado teórico e conformista, unha declaración de intencións e sen un diagnóstico preciso da situación.

 

C. Aspectos formais

 

-O prazo establecido para a súa revisión é obxectivamente moi curto.

 

-O plan debería estar redactado en galego.

 

-O título: “...do suicidio de Galicia...” debería ser modificado por “...do suicidio en Galicia...”.

 

-A palabra “prevención” debería substituirse por “intervención”.

 

-Debería figurar autores e metodoloxía empregada para a súa redacción (a quen se lle encargou, que vinclulación laboral teñen co servizo galego de saúde, como se fixo e por qué se elixiu tal metodoloxía).

 

-Tamén debería facerse mención a que departamentos públicos se implicaron (sanidade, educación, xustiza, servizos sociais…).

diario

VI Xornadas Tiburcio Angosto Psicopatoloxía e...

23/03/2022
diario

VISITA REALIZADA POR MNP-DEFENSOR DEL PUEBLO ...

01/11/2021
diario

V XORNADAS AGSM-AEN "NOVO TRATO"

06/09/2021
diario

SISO SAÚDE 66-67

26/07/2021
diario

SISO SAÚDE 64-65

29/09/2020
diario

SAÚDE MENTAL NO CONTEXTO DE COVID

06/05/2020
diario

Bioética e COVID-19

13/04/2020
diario

COVID-19 Recursos de interese

08/04/2020
diario

DÓS EN SITUACIÓN DE CONFINAMENTO

02/04/2020
diario

Acceso aberto a información científica sobre...

02/04/2020
diario

Saúde mental comunitaria en tempos de...

01/04/2020
diario

A AGSM Diante da crise sanitaria polo...

31/03/2020
diario

A AGSM Diante da crise sanitaria polo...

27/03/2020
diario

A AGSM Diante da crise sanitaria polo...

25/03/2020
diario

A AGSM Diante da crise sanitaria polo...

24/03/2020
diario

A AGSM Diante da crise sanitaria polo...

23/03/2020
diario

A AGSM Diante da crise sanitaria polo...

21/03/2020
diario

A AGSM Diante da crise sanitaria polo...

20/03/2020
diario

XXIX Jornadas Nacionales AEN "Vidas Dañadas en...

19/02/2020
diario

VALORACIÓN DA FICHA DE SEGUIMENTO DA VISITA...

04/02/2020
diario

Comunicado sobre a situación das persoas sen...

06/11/2019
diario

VENDA DE SISO SAÚDE

05/11/2019
diario

DOCUMENTO COMUNICACIÓNS LIBRES "Fronteras"

20/06/2019
diario

XXVIII Jornadas Nacionales AEN COMUNICACIÓNS...

19/06/2019
diario

SISO SAÚDE 62-63

13/06/2019
diario

XXVIII Jornadas Nacionales AEN "Fronteras"

07/06/2019
diario

POLBO E MÚSICA EN DIRECTO NA CEA XXVIII...

09/05/2019
diario

XXVIII Jornadas Nacionales AEN "Fronteras"

20/02/2019
diario

NORMAS PRESENTACIÓN COMUNICACIÓNS LIBRES ...

13/02/2019
diario

XVI Jornadas de LA OTRA PSIQUIATRÍA Clínica...

12/02/2019
diario

AVALIACIÓN ESTIMATIVA DO PLAN ESTRATÉXICO DE...

11/02/2019
diario

V Xornada de Psicopatoloxía e Cultura...

04/02/2019
diario

INFORME TÉCNICO DA ASOCIACIÓN GALEGA DE...

24/12/2018
diario

IV Xornadas AGSM-AEN, “Contrastes”

11/10/2018
diario

A xustiza obriga o Sergas a cesar o xefe de...

04/10/2018
diario

RECURSOS RESIDENCIAIS NO TRASTORNO MENTAL...

10/09/2018
diario

Visita Defensor del Pueblo (Mecanismo de...

03/07/2018
diario

Informe MNP do Defensor del Pueblo Hospital...

14/06/2018
diario

XXVII Congreso da AEN-PSM “Aprender del...

28/05/2018
diario

CONVERSAS AGSM AS UNIDADES DE SAÚDE MENTAL

23/05/2018
diario

SISO-SAÚDE 60-61

10/04/2018
diario

IV Xornada de Psicopatoloxía e Cultura DE...

19/03/2018
diario

INFORME TÉCNICO COMITÉ VALORACIÓN...

28/02/2018
diario

I XORNADA GALEGA SOBRE TRABALLO SOCIAL E SAÚDE...

08/11/2017
diario

O TSXG da a razón ó ex-xefe de Psiquiatría...

28/10/2017
diario

Xornadas AGSM-Pontevedra "Sufrimento...

20/09/2017
diario

PLAN PREVENCIÓN DO SUICIDIO EN GALICIA ...

08/09/2017
diario

Festa dos 35 anos do Siso Saúde

04/06/2017
diario

XXII XORNADAS DE PSIQUIATRÍA, PSICANÁLISE E...

03/05/2017
diario

O primeiro Inter-nós e o primeiro Siso

26/04/2017
diario

A FESTA DOS 35 ANOS DO SISO SAÚDE

07/04/2017
diario

SISO SAÚDE 58-59

22/03/2017
diario

XXVII JORNADAS NACIONALES SALUD MENTAL AEN...

16/03/2017
diario

III Xornada de Psicopatoloxía e Cultura ...

25/02/2017
diario

SEMINARIOS DE ORIENTACIÓN DE CASOS

22/02/2017
diario

COMUNICADO DA AGSM-AEN SOBRE A XEFATURA DE...

21/12/2016
diario

"AS DECLINACIÓNS DA LOUCURA" ACTO DE CLAUSURA...

20/11/2016
diario

"AS DECLINACIÓNS DA LOUCURA" II XORNADA DA...

19/11/2016
diario

II XORNADA AGSM-AEN "AS DECLINACIÓNS DA...

23/10/2016
diario

IV Jornadas Interautonómicas de Salud Mental...

15/10/2016
diario

XXI XORNADAS DE TRASALBA: PSIQUIATRIA,...

29/05/2016
diario

XXI XORNADAS DE TRASALBA: PSIQUIATRIA,...

11/05/2016
diario

XXVI Jornadas Nacionales de la Asociación...

23/04/2016
diario

COMUNICADO DA AGSM-AEN EN RELACIÓN A ...

13/04/2016
diario

SISO SAÚDE 56-57

07/04/2016
diario

XIII JORNADAS DE LA OTRA PSIQUIATRÍA "EL...

22/03/2016
diario

II XORNADAS DE PSICOPATOLOXÍA E CULTURA...

20/03/2016
diario

SEMINARIO DE ORIENTACIÓN DE CASOS "VERSIÓN...

17/03/2016
diario

Conclusións I xornada AGSM-AEN

14/12/2015
diario

I XORNADA DA AGSM-AEN "DO QUE ESTÁ EN CRISE"

14/09/2015
diario

FOOLMAKERS

19/09/2015