diario

V XORNADAS AGSM-AEN "NOVO TRATO"

06/09/2021

 

O vindeiro 12 de Novembro´21, a Asociación Galega de Saúde Mental organizará as súas xornadas, coa intención de ser presenciais, baixo o título “Novo Trato”, que terán lugar no Centro Sociocultural de Santa Marta (Santiago de Compostela).

 

Xa está dispoñible o programa definitivo (arquivo adxunto), agardamos que sexa do voso interese.

 

Xa podedes inscribirvos a través deste enlace.


 

Despois da pandemia, o mundo por fin semella estar de regreso. Asistimos a uns tempos onde coliden os vellos problemas cunha certa conciencia da necesidade de cambio, esluída nunha constelación de ideoloxías, conviccións individuais e opinións de expertos.

 

A saúde mental, logo de meses onde se viu na obriga de estruturarse ao redor do contaxio, o confinamento e a vacinación, reapareceu de moi distintos xeitos, ás veces mesturados sen demasiada coherencia: o traumático, o apoio social, a infancia e a adolescencia, os dós, a rede asistencial, o económico, as normas, as ausencias, a consulta telefónica, os psicofármacos, o illamento, a soidade, a desigualdade, o vínculo, a vellez. Tal amoreamento do discurso levou a afirmar que a seguinte vaga será de saúde mental.

 

O vindeiro mes de Novembro, a Asociación Galega de Saúde Mental organizará as súas xornadas, coa intención de ser presenciais e de situalas xusto nesta encrucillada, entre as dificultades asistenciais crónicas do pasado e a construción dunha saúde mental na que o acontecido non fique no baleiro e no esquecemento. Decidimos titulalas “Novo trato” para así resoar coa necesidade dun cambio nos modelos de relación entre o sistema sanitario e os seus usuarios, e entre as xerarquías sanitarias e os traballadores. Novo trato é tamén un xeito de traducir o New Deal co que Estados Unidos abordou unha crise socioeconómica e de país. Por último, Novo Trato tamén fai mención á urxencia por atopar puntos de encontro entre os profesionais da saúde mental para así erguer unha referencia progresista e de saber fronte a un modelo que amosou unha ineficacia de longo percorrido nos anos previos á COVID e que demostrou unha incapacidade absoluta para soster e aliviar o sufrimento das persoas durante os meses de pandemia.

 

As xornadas arelan contribuír a ese cambio necesario no xeito de entender e deseñar a asistencia á saúde mental. Asistimos á perspectiva dunha inversión económica ao través do plan estratéxico pero tamén sabemos que é preciso unha firme posición teórica e a unha esixencia de cumprimento do mesmo. Do contrario, volveremos aos días onde os plans ficaban esquecidos nos caixóns e o paradigma dominante tiña máis de poder que de saber.

 

Ademais dunha mirada ao futuro, as xornadas tamén serán un final de camiño. Remata un tempo, comeza outro. Como noutras transicións da existencia, talvez é necesario trazar unha marca que dea conta dunha fin e sinale un principio. A actual xunta non se presentará as eleccións e convida a os socios e as socias a participar no proceso e na votación onde se decidirá equipo e programa. En tempo e forma, e de acordo cos nosos estatutos, recibiredes a información sobre a apertura do proceso electoral, o período de recepción de candidaturas e a convocatoria para a asemblea extraordinaria.

 

Cando o universo xiraba ao redor da agricultura, Novembro era o mes onde brotaban algunhas raíces como último agasallo da terra antes da súa hibernación.

 

A AGSM propón un Novembro distinto após a conxelación da vida, con xornadas presenciais, Siso saúde (haberá novo número) e eleccións.

 

Agardamos contar convosco.

 

Unha fonda aperta,

 

Xunta directiva da Asociación Galega de Saúde Mental-Asociación Española de Neuropsiquiatría.


Descarga de archivo
diario

VI Xornadas Tiburcio Angosto Psicopatoloxía e...

23/03/2022
diario

VISITA REALIZADA POR MNP-DEFENSOR DEL PUEBLO ...

01/11/2021
diario

V XORNADAS AGSM-AEN "NOVO TRATO"

06/09/2021
diario

SISO SAÚDE 66-67

26/07/2021
diario

SISO SAÚDE 64-65

29/09/2020
diario

SAÚDE MENTAL NO CONTEXTO DE COVID

06/05/2020
diario

Bioética e COVID-19

13/04/2020
diario

COVID-19 Recursos de interese

08/04/2020
diario

DÓS EN SITUACIÓN DE CONFINAMENTO

02/04/2020
diario

Acceso aberto a información científica sobre...

02/04/2020
diario

Saúde mental comunitaria en tempos de...

01/04/2020
diario

A AGSM Diante da crise sanitaria polo...

31/03/2020
diario

A AGSM Diante da crise sanitaria polo...

27/03/2020
diario

A AGSM Diante da crise sanitaria polo...

25/03/2020
diario

A AGSM Diante da crise sanitaria polo...

24/03/2020
diario

A AGSM Diante da crise sanitaria polo...

23/03/2020
diario

A AGSM Diante da crise sanitaria polo...

21/03/2020
diario

A AGSM Diante da crise sanitaria polo...

20/03/2020
diario

XXIX Jornadas Nacionales AEN "Vidas Dañadas en...

19/02/2020
diario

VALORACIÓN DA FICHA DE SEGUIMENTO DA VISITA...

04/02/2020
diario

Comunicado sobre a situación das persoas sen...

06/11/2019
diario

VENDA DE SISO SAÚDE

05/11/2019
diario

DOCUMENTO COMUNICACIÓNS LIBRES "Fronteras"

20/06/2019
diario

XXVIII Jornadas Nacionales AEN COMUNICACIÓNS...

19/06/2019
diario

SISO SAÚDE 62-63

13/06/2019
diario

XXVIII Jornadas Nacionales AEN "Fronteras"

07/06/2019
diario

POLBO E MÚSICA EN DIRECTO NA CEA XXVIII...

09/05/2019
diario

XXVIII Jornadas Nacionales AEN "Fronteras"

20/02/2019
diario

NORMAS PRESENTACIÓN COMUNICACIÓNS LIBRES ...

13/02/2019
diario

XVI Jornadas de LA OTRA PSIQUIATRÍA Clínica...

12/02/2019
diario

AVALIACIÓN ESTIMATIVA DO PLAN ESTRATÉXICO DE...

11/02/2019
diario

V Xornada de Psicopatoloxía e Cultura...

04/02/2019
diario

INFORME TÉCNICO DA ASOCIACIÓN GALEGA DE...

24/12/2018
diario

IV Xornadas AGSM-AEN, “Contrastes”

11/10/2018
diario

A xustiza obriga o Sergas a cesar o xefe de...

04/10/2018
diario

RECURSOS RESIDENCIAIS NO TRASTORNO MENTAL...

10/09/2018
diario

Visita Defensor del Pueblo (Mecanismo de...

03/07/2018
diario

Informe MNP do Defensor del Pueblo Hospital...

14/06/2018
diario

XXVII Congreso da AEN-PSM “Aprender del...

28/05/2018
diario

CONVERSAS AGSM AS UNIDADES DE SAÚDE MENTAL

23/05/2018
diario

SISO-SAÚDE 60-61

10/04/2018
diario

IV Xornada de Psicopatoloxía e Cultura DE...

19/03/2018
diario

INFORME TÉCNICO COMITÉ VALORACIÓN...

28/02/2018
diario

I XORNADA GALEGA SOBRE TRABALLO SOCIAL E SAÚDE...

08/11/2017
diario

O TSXG da a razón ó ex-xefe de Psiquiatría...

28/10/2017
diario

Xornadas AGSM-Pontevedra "Sufrimento...

20/09/2017
diario

PLAN PREVENCIÓN DO SUICIDIO EN GALICIA ...

08/09/2017
diario

Festa dos 35 anos do Siso Saúde

04/06/2017
diario

XXII XORNADAS DE PSIQUIATRÍA, PSICANÁLISE E...

03/05/2017
diario

O primeiro Inter-nós e o primeiro Siso

26/04/2017
diario

A FESTA DOS 35 ANOS DO SISO SAÚDE

07/04/2017
diario

SISO SAÚDE 58-59

22/03/2017
diario

XXVII JORNADAS NACIONALES SALUD MENTAL AEN...

16/03/2017
diario

III Xornada de Psicopatoloxía e Cultura ...

25/02/2017
diario

SEMINARIOS DE ORIENTACIÓN DE CASOS

22/02/2017
diario

COMUNICADO DA AGSM-AEN SOBRE A XEFATURA DE...

21/12/2016
diario

"AS DECLINACIÓNS DA LOUCURA" ACTO DE CLAUSURA...

20/11/2016
diario

"AS DECLINACIÓNS DA LOUCURA" II XORNADA DA...

19/11/2016
diario

II XORNADA AGSM-AEN "AS DECLINACIÓNS DA...

23/10/2016
diario

IV Jornadas Interautonómicas de Salud Mental...

15/10/2016
diario

XXI XORNADAS DE TRASALBA: PSIQUIATRIA,...

29/05/2016
diario

XXI XORNADAS DE TRASALBA: PSIQUIATRIA,...

11/05/2016
diario

XXVI Jornadas Nacionales de la Asociación...

23/04/2016
diario

COMUNICADO DA AGSM-AEN EN RELACIÓN A ...

13/04/2016
diario

SISO SAÚDE 56-57

07/04/2016
diario

XIII JORNADAS DE LA OTRA PSIQUIATRÍA "EL...

22/03/2016
diario

II XORNADAS DE PSICOPATOLOXÍA E CULTURA...

20/03/2016
diario

SEMINARIO DE ORIENTACIÓN DE CASOS "VERSIÓN...

17/03/2016
diario

Conclusións I xornada AGSM-AEN

14/12/2015
diario

I XORNADA DA AGSM-AEN "DO QUE ESTÁ EN CRISE"

14/09/2015
diario

FOOLMAKERS

19/09/2015