A ESTRANHA ORDEM DAS COISAS: a vida, os sentimentos e as culturas humanas

António Damásio. Temas e Debates. 2017



S.L.C.


O neurólogo portugués que exerce nos Estados Unidos, António Damásio (Lisboa 1944-) é, (supoño), coñecido entre nós desde que publicou O Erro de Descartes. Despois viñeron En busca de
Espinoza
, O sentimento do que ocorre, O cerebrocre ou O Home e moitos artigos de investigación hoxe citados de sobexo na literatura psicolóxica e neurolóxica mundial (menos na psiquiátrica). A Estranha ordem das coisas foi presentado hai tres días nun lugar tamén estraño ou se callar, non tanto: o poliderpotivo da escola antónio Damásio de Lisboa. O que segue, máis que unha reseña, é un aviso de publicación para interesados pois apenas chegou o tempo para unha ollada a un libro denso antes de entregar o texto ao prelo. Coido que é tamén a primeira vez que a edición portuguesa dun dos seus libros precede á versión inglesa. Home culto que se move con habelencia entre a filosofía, a literatura e as ciencias, os seus escritos están entretecidos de citas de Shakespeare, Scott Fitgerald, Schrodinger, Rene Char, adorno ou quen se lles ocorra que ilustran as teses que propón.


Damásio neste libro segue o rego dos anteriores no que atinxe aos sentimentos pero dende unha perspectiva evolucionista salientando o seu papel no desenvolvmento dos logros culturais: 


O emprendimento cultural humano é explicavel em termos de intelecto humano, un remate brilhante dos organismos gerados por programas genéticos não pensantes ao longo da evolução. Os sentimentos raramente são mencionados. A expansão da inteligência e da linguagem humanas, a par do grau excepcional de sociabilidade humana, são as estrelas do desenvolvimento

cultural... não obstante, falta cualquer coisa à versão intelectual... os sentimentos são os motivos para reagirmos a um problema, e monitorizam o êxito da resposta ou a falta dele...


Ademais do papel dos sentimentos o libro abrangue outras moitas facianas. Facendo da homeostasia un concepto central Damásio vai da sociabilidade, altruísmo e solidariedade nas bacterias, formigas e abellas ata a orixe da vida (a probabilidade de tais moléculas complexas (ADN) virem reunir-se espontaneamente como primeiro passo na constitução da vida era quase nula), a conciencia (onde hai que contar con algo máis ca cortea), o sistema nervioso entérico, e as culturas cun capítulo final onde o libro de neil Postman, Divertirse ata morrer, publicado nos anos 80 (reseñado no Siso), serve para facer un diagnóstico actual do que acontece na vida cotiá e na información.


Haberá que lelo máis devagar. De momento, vai o aviso. os libros de Damásio, sempre pagan a pena.




POSTDATA


Lembren que “espantoso” en portugués case sempre quere dicir, extraordinario. É palabra moi repetida.