V XORNADAS AGSM-AEN NOVO TRATO

12/11/2021

Despois da pandemia, o mundo por fin semella estar de regreso. Asistimos a uns tempos onde coliden os vellos problemas cunha certa conciencia da necesidade de cambio, esluída nunha constelación de ideoloxías, conviccións individuais e opinións de expertos.

A saúde mental, logo de meses onde se viu na obriga de estruturarse ao redor do contaxio, o confinamento e a vacinación, reapareceu de moi distintos xeitos, ás veces mesturados sen demasiada coherencia: o traumático, o apoio social, a infancia e a adolescencia, os dós, a rede asistencial, o económico, as normas, as ausencias, a consulta telefónica, os psicofármacos, o illamento, a soidade, a desigualdade, o vínculo, a vellez. Tal amoreamento do discurso levou a afirmar que a seguinte vaga será de saúde mental.

O vindeiro mes de Novembro, a Asociación Galega de Saúde Mental organizará as súas xornadas, coa intención de ser presenciais e de situalas xusto nesta encrucillada, entre as dificultades asistenciais crónicas do pasado e a construción dunha saúde mental na que o acontecido non fique no baleiro e no esquecemento. Decidimos titulalas “Novo trato” para así resoar coa necesidade dun cambio nos modelos de relación entre o sistema sanitario e os seus usuarios, e entre as xerarquías sanitarias e os traballadores. Novo trato é tamén un xeito de traducir o New Deal co que Estados Unidos abordou unha crise socioeconómica e de país. Por último, Novo Trato tamén fai mención á urxencia por atopar puntos de encontro entre os profesionais da saúde mental para así erguer unha referencia progresista e de saber fronte a un modelo que amosou unha ineficacia de longo percorrido nos anos previos á COVID e que demostrou unha incapacidade absoluta para soster e aliviar o sufrimento das persoas durante os meses de pandemia.

As xornadas arelan contribuír a ese cambio necesario no xeito de entender e deseñar a asistencia á saúde mental. Asistimos á perspectiva dunha inversión económica ao través do plan estratéxico pero tamén sabemos que é preciso unha firme posición teórica e a unha esixencia de cumprimento do mesmo. Do contrario, volveremos aos días onde os plans ficaban esquecidos nos caixóns e o paradigma dominante tiña máis de poder que de saber.

Ademais dunha mirada ao futuro, as xornadas tamén serán un final de camiño. Remata un tempo, comeza outro. Como noutras transicións da existencia, talvez é necesario trazar unha marca que dea conta dunha fin e sinale un principio. A actual xunta non se presentará as eleccións e convida a os socios e as socias a participar no proceso e na votación onde se decidirá equipo e programa. En tempo e forma, e de acordo cos nosos estatutos, recibiredes a información sobre a apertura do proceso electoral, o período de recepción de candidaturas e a convocatoria para a asemblea extraordinaria.

Cando o universo xiraba ao redor da agricultura, Novembro era o mes onde brotaban algunhas raíces como último agasallo da terra antes da súa hibernación.

A AGSM propón un Novembro distinto após a conxelación da vida, con xornadas presenciais, Siso saúde (haberá novo número) e eleccións.

Agardamos contar convosco.

Unha fonda aperta,

Xunta directiva da Asociación Galega de Saúde Mental-Asociación Española de Neuropsiquiatría.

PROGRAMA

10:00H Apertura de xornada e benvida aos asistentes

10:30-12:00H

MESA 1 “NOVO TRATO ao GRAVE”

- María Tajes, Consellería de Sanidade.

- José Berdullas, psicólogo clínico.

- Chus Gómez, psiquiatra.

- Antonio Hernández Fernández, FEAFES.

12:30-13:30H

Conferencia inaugural “NOVO TRATO á INFANCIA” "Mirar al pasado para seguir construyendo el presente"

a cargo de Ana María Jiménez Pascual, psiquiatra.

16:30-17:45H

MESA 2 “NOVO TRATO ao COMÚN”

- Patricia Vázquez, psicóloga clínica en Atención Primaria.

- Susana Aldecoa, médica de Atención Primaria-AGAMFEC.

- Ramón Ramos Ríos, psiquiatra.

18:00-19:00H

Ponencia de clausura “NOVO TRATO á DISCAPACIDADE”

a cargo de Roberto José Soto Sola, maxistrado do Xulgado de 1ª Instancia nº 6 de Santiago de Compostela.

19:15-20:30H

Asemblea AGSM-AEN

V XORNADAS AGSM-AEN NOVO TRATO

12/11/2021

Despois da pandemia, o mundo por fin semella estar de regreso. Asistimos a uns tempos onde coliden os vellos problemas cunha certa conciencia da necesidade de cambio, esluída nunha constelación de ideoloxías, conviccións individuais e opinións de expertos.

A saúde mental, logo de meses onde se viu na obriga de estruturarse ao redor do contaxio, o confinamento e a vacinación, reapareceu de moi distintos xeitos, ás veces mesturados sen demasiada coherencia: o traumático, o apoio social, a infancia e a adolescencia, os dós, a rede asistencial, o económico, as normas, as ausencias, a consulta telefónica, os psicofármacos, o illamento, a soidade, a desigualdade, o vínculo, a vellez. Tal amoreamento do discurso levou a afirmar que a seguinte vaga será de saúde mental.

O vindeiro mes de Novembro, a Asociación Galega de Saúde Mental organizará as súas xornadas, coa intención de ser presenciais e de situalas xusto nesta encrucillada, entre as dificultades asistenciais crónicas do pasado e a construción dunha saúde mental na que o acontecido non fique no baleiro e no esquecemento. Decidimos titulalas “Novo trato” para así resoar coa necesidade dun cambio nos modelos de relación entre o sistema sanitario e os seus usuarios, e entre as xerarquías sanitarias e os traballadores. Novo trato é tamén un xeito de traducir o New Deal co que Estados Unidos abordou unha crise socioeconómica e de país. Por último, Novo Trato tamén fai mención á urxencia por atopar puntos de encontro entre os profesionais da saúde mental para así erguer unha referencia progresista e de saber fronte a un modelo que amosou unha ineficacia de longo percorrido nos anos previos á COVID e que demostrou unha incapacidade absoluta para soster e aliviar o sufrimento das persoas durante os meses de pandemia.

As xornadas arelan contribuír a ese cambio necesario no xeito de entender e deseñar a asistencia á saúde mental. Asistimos á perspectiva dunha inversión económica ao través do plan estratéxico pero tamén sabemos que é preciso unha firme posición teórica e a unha esixencia de cumprimento do mesmo. Do contrario, volveremos aos días onde os plans ficaban esquecidos nos caixóns e o paradigma dominante tiña máis de poder que de saber.

Ademais dunha mirada ao futuro, as xornadas tamén serán un final de camiño. Remata un tempo, comeza outro. Como noutras transicións da existencia, talvez é necesario trazar unha marca que dea conta dunha fin e sinale un principio. A actual xunta non se presentará as eleccións e convida a os socios e as socias a participar no proceso e na votación onde se decidirá equipo e programa. En tempo e forma, e de acordo cos nosos estatutos, recibiredes a información sobre a apertura do proceso electoral, o período de recepción de candidaturas e a convocatoria para a asemblea extraordinaria.

Cando o universo xiraba ao redor da agricultura, Novembro era o mes onde brotaban algunhas raíces como último agasallo da terra antes da súa hibernación.

A AGSM propón un Novembro distinto após a conxelación da vida, con xornadas presenciais, Siso saúde (haberá novo número) e eleccións.

Agardamos contar convosco.

Unha fonda aperta,

Xunta directiva da Asociación Galega de Saúde Mental-Asociación Española de Neuropsiquiatría.

RECURSOS RESIDENCIAIS NO TRASTORNO MENTAL...

24/11/2018

Damos difusión ao curso sobre vivenda protexida que vamos a impartir na Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña (APEM)

PONENTE: Ramón Area Carracedo

LUGAR: local de APEM en Carballo

DATA: 24 de novembro de 2018

HORARIO: 10.00-14.00 horas

IV Xornadas AGSM-AEN “Contrastes”

16/11/2018

O 16 de novembro celebraranse as IV Xornadas AGSM-AEN, baixo o lema “Contrastes” en Ferrol, no salón de actos do Hospital Naval EOXI Ferrol.

Podedes facer a inscrición pinchando aquí

CONVERSAS AGSM AS UNIDADES DE SAÚDE MENTAL

26/05/2018

A asociación inicia unha serie de xornadas baixo o título de Conversas Agsm.

Xa está aberto o prazo de inscrición

O propósito é levar ao explícito todo aquilo referente ao noso traballo diario que adoita ficar nas parolas de café, nos pasillos ou na reflexión persoal.

Cremos na importancia de este tipo de textos cando cómpre analizar o estado actual da asistencia e a sensación de esgotamento da rede de saúde mental.

Tamén consideramos que os formatos habituais, xornadas, conferencias, artigos... non dan conta de moitos aspectos da realidade clínica e por iso decidimos organizar algo diferente e con xente distinta á que habitualmente ocupa a posición de poñente ou articulista. 

As conversas iranse desenvolvendo ao redor de temáticas xerais coa idea de reunir a un grupo de catro ou cinco profesionais que falen do seu traballo diario xunto cun facilitador, José Leal, amplo coñecedor da saúde mental e dos servizos, pero sen relación co Sergas.  

Na primeira falárase das unidades de saúde mental, ao seren o nó de acceso ao sistema, acubillar a orientación comunitaria e multidisciplinar do sistema de saúde e reflectir moito das imposibilidades e contradicións do noso traballo. Ao rematar o diálogo, algúns dos asistentes poderán interactuar cos participantes, opinar ou preguntar. 

Agardamos que o proxecto sexa do voso agrado e que poidamos vernos e falar. 

I XORNADA GALEGA SOBRE TRABALLO SOCIAL E...

24/11/2017

Data: 24 DE NOVEMBRO DE 2017

Lugar: FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN. Campus de Ourense-Universidade de Vigo. Aula Emilia Pardo Bazán. 

Organiza: ASOCIACIÓN GALEGA DE SAÚDE MENTAL – AEN

Dirixido a: Profesionais do ámbito sanitario e social, estudantes e poboación en xeral.

Área temática: Saúde mental e Estado de benestar.

Obxectivos: Establecer un encontro onde o diálogo entre os distintos profesionais especializados en saúde mental, servizos sociais de A.P, servizos comunitarios e do terceiro sector, aborden aspectos relacionados coas políticas sanitarias, sociais e xudiciais que afectan directamente á inclusión real na sociedade de cidadáns/as con enfermedade mental.

A intervención do profesional axústase á particularidade atopada tendo en conta a singularidade e a subxectividade do propio doente. Na nosa área de traballo a intervención no social alcanza maior dimensión e complexidade.

En ocasións, accederemos a unha realidade paralela que forma parte do propio suxeito.

O obxectivo do encontro pretende, en definitiva, poder analizar e discutir as dificultades encontradas nas nosas intervencións diarias á hora de apoiar ou axudar a construir proxectos de vida.

Duración: 8 horas.

XORNADAS AGSM-AEN PONTEVEDRA “"O...

27/10/2017

"O sufrimento psíquico: malestares e expresións psicopatolóxicas" é o lema das Xornadas AGSM-AEN que este ano celebraremos no PAZO DA CULTURA DE PONTEVEDRA, o día 27 de outubro, baixo a coordinación de Santiago Parada Nieto.

Poderedes facer a inscrición pinchando aquí ou por correo electrónico secretaria@agsm-aen.org

Recoñecida como actividade de interese científico sanitario. Solicitada acreditación á Comisión de Formación Continuada de profesións sanitarias da Consellería de Sanidade.

Desexamos que o traballo realizado polo Comité Organizador sexa do voso agrado e que manteñamos un dos propósitos de sempre da AGSM: contribuír a estabelecer no noso oficio un xeito de pensar e traballar. 

SEMINARIOS DE ORIENTACIÓN DE CASOS

16-22/02/2017

Debemos ter en conta que no encontro ante un caso clínico sempre vai ser necesario orientarse. 

A propia palabra expresa certa precariedade dos seres humanos ao botar man dela nun sentido metafórico. O seu primitivo ten unha sinxeleza que abraia: orientarse é buscar o oriente, o lugar por onde sae o sol. Porén, para toda esa chea de situacións nas que precisamos unha orientación non chega con erguer a cabeza e buscar no ceo unha estrela.

Esta comparación permite dar conta das nosas insuficiencias como profesionais: ás veces pola falla de aprendizaxe, outras pola natureza intrínseca da circunstancia na que estamos enredeados e outras pola situación do saber que, ao tempo, non é quen de proporcionarnos unha teoría completa e nega outras posíbeis formas de achegamento ao problema.

En definitiva, a saúde mental é complexa, os casos son moi diferentes entre sí, a diagnose estandarizada non aporta demasiadas pistas sobre a abordaxe do caso e non existen teorías unitarias nas que acubillarse.

Identificamos distintos factores que se relacionan co deficiente traballo psicoterapéutico na rede pública de saúde. Poderíamos citar algunhas causas ben coñecidas por todos: a escaseza de tempo, o xeito de plantexar as demandas, as encomendas sociais á saúde mental, os factores que contribúen a fornecer un paradigma dominante, as propias particularidades dun sistema de formación en psicoterapia que cadran dificilmente co sistema de formación de especialistas ou a diversidade de escolas e orientacións.

A pesar da lexislación vixente, as recomendacións das guías de práctica clínica e o estado do saber na saúde mental; a realidade é que os doentes teñen pouco acceso á psicoterapia na rede pública, existen praxes moi heteroxéneas e, as máis das veces, todo queda a disposición das preferencias do profesional. 

Porén, moitos profesionais logo (ou durante) o seu período formativo son aludidos por un caso. Ás veces é algo que non vai ben, un caso grave ou complicado. Noutras ocasións é algo da orde do propio, dos seus puntos cegos ou dificultades persoais.

As posibilidades de consulta con outro profesional son limitadas e moi pouco regradas, e a maioría das veces resólvense como se pode, non sempre satisfactoriamente nin para o doente nin para o profesional. Existen poucos espazos onde poder falar dun caso clínico sen que estean asolagados por unha vivencia de afundimento ante o recoñecemento das dificultades ou pola vivencia narcisista do que presuntamente axuda.

Neste senso, coidamos que é necesario crear estos espazos de docencia onde poidan poñerse en xogo todas estas cuestións con seguridade e rigor. 

A formalización dunha actividade ao redor da orientación de casos clínicos é o noso obxectivo; para elo gustaríanos contar coa vosa participación e colaboración nos seminarios que temos programados para 2017.

Deixámosvos información do próximo seminario de orientación de casos e esperámosvos a tod@s!!

II XORNADA DA AGSM-AEN. “AS DECLINACIÓNS...

18/11/2016

Poderedes facer a inscrición ao través desta páxina web ou por correo electrónico secretaria@agsm-aen.org

Recoñecida como actividade de interese científico sanitario.

Solicitada acreditación á Comisión de Formación Continuada de profesións sanitarias da Consellería de Sanidade.

Desexamos que o traballo realizado polo Comité Organizador sexa do voso agrado e que manteñamos un dos propósitos de sempre da AGSM: contribuír a estabelecer no noso oficio un xeito de pensar e traballar. 

SEMINARIO DE ORIENTACIÓN DE CASOS ...

15/04/2016

Debemos ter en conta que no encontro ante un caso clínico sempre vai ser necesario orientarse. 

A propia palabra expresa certa precariedade dos seres humanos ao botar man dela nun sentido metafórico. O seu primitivo ten unha sinxeleza que abraia: orientarse é buscar o oriente, o lugar por onde sae o sol. Porén, para toda esa chea de situacións nas que precisamos unha orientación non chega con erguer a cabeza e buscar no ceo unha estrela.

Esta comparación permite dar conta das nosas insuficiencias como profesionais: ás veces pola falla de aprendizaxe, outras pola natureza intrínseca da circunstancia na que estamos enredeados e outras pola situación do saber que, ao tempo, non é quen de proporcionarnos unha teoría completa e nega outras posíbeis formas de achegamento ao problema.

En definitiva, a saúde mental é complexa, os casos son moi diferentes entre sí, a diagnose estandarizada non aporta demasiadas pistas sobre a abordaxe do caso e non existen teorías unitarias nas que acubillarse.

Identificamos distintos factores que se relacionan co deficiente traballo psicoterapéutico na rede pública de saúde. Poderíamos citar algunhas causas ben coñecidas por todos: a escaseza de tempo, o xeito de plantexar as demandas, as encomendas sociais á saúde mental, os factores que contribúen a fornecer un paradigma dominante, as propias particularidades dun sistema de formación en psicoterapia que cadran dificilmente co sistema de formación de especialistas ou a diversidade de escolas e orientacións.

A pesar da lexislación vixente, as recomendacións das guías de práctica clínica e o estado do saber na saúde mental; a realidade é que os doentes teñen pouco acceso á psicoterapia na rede pública, existen praxes moi heteroxéneas e, as máis das veces, todo queda a disposición das preferencias do profesional. 

Porén, moitos profesionais logo (ou durante) o seu período formativo son aludidos por un caso. Ás veces é algo que non vai ben, un caso grave ou complicado. Noutras ocasións é algo da orde do propio, dos seus puntos cegos ou dificultades persoais.

As posibilidades de consulta con outro profesional son limitadas e moi pouco regradas, e a maioría das veces resólvense como se pode, non sempre satisfactoriamente nin para o doente nin para o profesional. Existen poucos espazos onde poder falar dun caso clínico sen que estean asolagados por unha vivencia de afundimento ante o recoñecemento das dificultades ou pola vivencia narcisista do que presuntamente axuda.

Neste senso, coidamos que é necesario crear estos espazos de docencia onde poidan poñerse en xogo todas estas cuestións con seguridade e rigor. 

A formalización dunha actividade ao redor da orientación de casos clínicos é o noso obxectivo; para elo gustaríanos contar coa vosa participación e colaboración para difundir esta “versión piloto” coa que arrancamos. 

Esperámosvos a tod@s!!

I XORNADA DA AGSM-AEN “DO QUE ESTÁ EN...

23/10/2015

Declaradas de interese sanitario. Acreditadas con 0´7 créditos polo sistema de formación continuada das profesións sanitarias.

Un dos propósitos da asociación debe estar dirixido a fornecer as teorías e os valores que garantan unha asistencia digna á saúde mental. As ponencias, o formato, o lugar e, con carácter xeral, a organización das xornadas, orientouse cara á creación dun espazo ao redor do cal poidamos xuntarnos, intercambiar opinións e poñer ideas en común. Algo que de ningún xeito é un asunto menor nestes tempos que corren.

Desexamos que o traballo realizado polo Comité de Organización sexa do voso agrado e que manteñamos un dos propósitos de sempre da AGSM: contribuír a estabelecer no noso oficio un xeito de pensar e traballar. 